28 nov 2011

Entendendo que é a FTTH dun xeito divertido

Hai algún tempo falamos en Mallando na e-ira de FTTH, a tecnoloxía de conexión a Internet baseada en conectar a central con enlaces de fibra óptica directamente até a porta da casa, o que ofrece vertixinosas velocidades de conexión.

A principal vantaxe de usar FTTH é que poderemos gozar de vídeo en alta definición, xogos en liña, descargas ultrarrápidas... e todo iso de xeito simultáneo, algo a ter moi en conta cando temos cada día máis e máis dispositivos conectados a Internet nas nosas casas. Pola contra, a desvantaxe principal de implementar FTTH é o custe, xa que temos que achegar a fibra até a porta da casa, así que habitualmente temos solucións intermedias, como FTTB ou FTTC.

No seguinte vídeo explican (en inglés) de xeito moi sinxelo que é FTTH e que se pode facer con el.

No hay comentarios:

Publicar un comentario