7 oct 2011

Que é NAT (Network Address Translation)?


NAT son as siglas de Network Address Translation, en galego Tradución de Enderezo de Rede un protocolo de enrutamento de paquetes xurdido para solucionar o problema do agotamento dos enderezos IP na súa versión IPv4 e que basea o seu funcionamento en diferenciar IP's públicas e privadas.

Facer esa diferenciación facilita que entidades grandes (bancos, empresas, universidades...) con múltiples máquinas que se conectan á rede por un único (ou uns poucos) punto(s) de acceso, empreguen de portas para adentro un rango de IP's privadas, mais en saída cara Internet unha única IP pública. Isto reduce notabelmente o número de IP's empregadas, xa que os rangos de IP's privadas pódense repetir infinidade de veces.

Pero ademais o use de NAT ten unha serie de vantaxes que van mais aló do aforro de IP's, como a seguridade. E é que dende fóra da rede as máquinas non son visíbeis, polo que só se poderá saber que pertence a unha rede e nada máis.

Doutra banda, tamén exiten desvantaxes ao uso de NAT, o más destacado a non compatibilidade con todos os protocolos, o que pode facer que haxa aplicacións que non funcionen correctamente por non saber que facer cos paquetes.

Resumindo, podemos dicir que NAT é unha solución temporal, un apaño. Seguramente coa chegada do IPv6 e o seu incremento de enderezos IP o que vai ligado non debera ser necesario volver empregar NAT.

No hay comentarios:

Publicar un comentario