10 oct 2011

A caixa negra


Se estás circulando pola carretera e atopas un accidente de tráfico seguro que dis algo polo estilo de: “mira que freada hai na carretera, seguro que iba moi a présa”, “é normal, xa que este tramo é moi perigoso”,…

O seguinte será unha investigación da Garda Civil, no que se tomarán datos, e máis tarde sairá nas novas, sen ter máis repercusións, xa que é algo que ocorre con frecuencia.

Sen embargo, se se produce un accidente aéreo, a repercusión é moi grande e todos queremos saber por que pasou, por este motivo se crearon as chamadas caixas negras, para esclarecer as causas do accidente.

A súa actividade remóntase ós anos 50 e o seu nome débese a que nos primeiros anos destes trebellos eran de cor negro, pero máis tarde decideuse modificar a súa cor por outra de tonalidade naranxa claro cunhas franxas de cor branca, co obxectivo de facelas máis visibles no escenario do accidente.

A caixa negra non intervén en ningún momento no voo do avión. A súa única función é a de almacenar a actividade dos instrumentos, as conversacións na cabina e axudar a descubrir a causa do accidente e, se é posible, evitar outros futuros.

En realidade, un voo comercial leva dúas caixas negras. Unha delas, chamada “Flight Data Recorder” (FDR), recolle os datos de voo, como os parámetros do motor, os sistemas hidráulicos, o piloto automático, a velocidade, a dirección, a altitude e a información que se pide durante o voo entre outras. A outra caixa, denominada “Cockpit Voice Recorder” (CVR), graba as conversacións da cabina, tanto dos pilotos como as do ambiente da cabina que rodea ós pilotos.

Ademáis dos dispositivos de grabación, incorporan un localizador submarino que emite nunha frecuencia de 37,5 kHz e que pode transmitir son ata unha profundidade de catro kilómetros e medio. Unha vez que empeza a enviar sinais, farao unha vez por segundo durante 30 días.

A característica máis importante atópase no seu robusto deseño, xa que para poderense instalar teñen que superar estas probas:
- Resistir temperaturas de ata 1100ºC polo menos durante media hora.
- Resistir impactos que superen a forza da gravidade en 3400 veces.
- Resistir 24 horas nunha cámara chea de auga mariña a presión.


Adoitanse ubicacar na zona da cola do avión, debido a que a súa estructura aguanta mellor os impactos, polo que nunca se deben colocar preto dos depósitos de combustible e de zonas donde adoita ser máis típico o primeiro impacto dun accidente aéreo.

Tanto o FDR como o CVR son ferramentas de incalculable valor para a investigación nun accidente aéreo. Adoitan ser os únicos supervivintes dunha catástrofe aérea e dannos as pistas e claves para saber o que transcorreu, que sería imposible de outra maneira.

No hay comentarios:

Publicar un comentario