13 oct 2011

LDK 197: Orquídeas e aguacates

As orquídeas son un conxunto de plantas que forman a familia Orchidaceæ, con máis de 20.000 especies.


Os aguacates, pola súa parte é unha árbore e froita da familia das Lauracæ.

O nome das Orquídeas foi introducido en 1845 por John Lindley, en School Botany, tentando buscar a raíz do Latín Científico "Orchideæ". Isto ven do grego Orkhis, "testículo", do ProtoIndoEuropeo *orghi-, a raíz de "testículo" (cf. Avestan erezi, Armenio. orjik, Irlandés uirgge).

Os aguacates toman o seu nome do termo Nahuatl ahuácatl, que significa, tamén, "testículo".

E é que ambas as plantas toman o seu nome da semellanza de parte das súas estruturas cos testículos humanos. No caso das orquídeas, é o dos seus tubérculos (que podedes ver na imaxe superior), no dos aguacates (abaixo), é a forma do froito a que levou aos aztecas a considerar aos aguacates como o froito da fertilidade e darlle o seu nome.


No hay comentarios:

Publicar un comentario