18 oct 2011

LDK 198: O efecto Kopp-Etchells


Durante o conflito de Afganistán, as aspas dos helicópteros de transporte ao despegar e aterrar preto da superficie sufrían un elevado nivel de erosión debido á area que colisionaba con elas. Isto creaba un grave problema, xa que non se podía deixar de aterrar e despegar desde estes lugares, polo que se ideou un sistema enxeñoso, consistente en bañar as aspas con níquel e titanio, que son materiais abrasivos.

Desta maneira, o impacto da area contra as láminas fai que os grans de area se compriman rápidamente, polarizando a súa masa e creando unha diferencia de potencial entra as cargas electrostáticas da súa superficie. Estas cargas descárganse nos cristais veciños facendo que miles de gráns estalen e creando unha área limpa ó redor das aspas. Como consecuencia de esto crease un efecto óptico real formado polo brillo un tanto estrano das aspas, debido á electricidade estática producida polo frotamento entre os distintos materiais con distinta aspereza superficial.

No hay comentarios:

Publicar un comentario