4 oct 2011

LDK 196: Quorum

O Quorum é o número de persoas mínimo que fai falla nunha reunión dun organismo para que esta teña validez legal.

Quorum é o xenitivo plural de "qui", "quen" en latín. Significa, aproximadamente, "dos cales". Polo tanto, un quorum do 30% implica que se hai un total de 10 membros, dos cales o 30% ten que estar presente, a reunión será válida se hai 3 ou máis membros.

O seu uso nun sentido legal aparece no século XV nun tribunal británico, os Justices of the quorum, no cal as decisións tiñan que ser tomadas de forma colexiada, de forma que polo menos un membro estivese presente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario