29 oct 2011

LDK 199: O ruido característico das caracolas de mar


Todos comprobamos na nosa vida que ó poñer na orella unha caracola de mar escoitabamos o son deste, máis, non é o mar o que soa ahí dentro. Entón a que se debe ese son que escoitamos?

Para saber porque se produce solo temos que escoitar o ruido que nos rodea (en ocasións máis intenso e noutras menos, que o noso cerebro ignora). As caracolas debido á súa forma, material e tamaño seleccionan unha gama de frecuencias do ruido do entorno. Unha vez dentro da caracola, estes rebotan unha e outra vez contra as paredes, o que fai que algunhas delas salan reforzadas e outras debilitadas.

Deste xeito, o que fai a caracola é captar o ruído ambiente que nos rodea, amplificando e atenuando as frecuencias que chegan a ela facendo que o noso cerebro entenda este son producido como o son do mar, pero non é máis ca unha ilusión acústica que crea o noso cerebro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario