24 oct 2011

Karl Jansky e a súa antena


Karl Jansky foi un enxeñeiro de radio estadounidense, traballador dos laboratorios Bell e responsábel de diversas investigacións sobre radiacións de microondas. Seguramente un dos seus descubrimentos máis importantes fora o de demostrar que a radiación recibida na Terra con lonxitude de onda de 14,6 non procedía do Sol, senón da constelación de Sagitario (o que levou que hoxe en día se coñeza como Jansky a unidade de brillo aparente dunha estrela). Ese descubrimento foi posíbel grazas á construción dunha antena: a antena Jansky.

A antena de Jansky (á que de xeito informal chamaban O tiovivo), foi deseñada para recibir as citadas ondas de radio de 14,6 metros. Tratábase dunha montaxe xiratoria arredor dun eixo de 29 metros de lonxitude e preto de 4 de altura. As 4 rodas sobre as que se movía pertenceran a un Ford T. Para gravar a información obtida contaba cun sistema analóxico moi rudimentario baseado en tinta e papel (semellante a un sismógrafo).

Imaxe actual (NicolasCo)
Con ela, Jansky puido medir durante varios meses a información recibida, e achar que o sinal medido repetíase en ciclos de 23 horas e 56 minutos, o período de rotación da Terra.

Como curiosidade, dicir que a antena instalouse en Holmdel (New Jersey), un lugar afastado das cidades para evitar ter perturbacións. Hoxe en día pode verse no National Astronomy Observatory de Green Bank, Virginia.

Fontes: Tecnología obsoleta, Wikipedia

No hay comentarios:

Publicar un comentario