2 nov 2011

Os transformadores III: Distintos tipos I. Transformadores de potencia e de distribución

Os transformadores que máis se utilizan en todo o mundo son os de potencia e de distribución. Por que son tan importantes este tipo de transformadores? Pois porque forman parte no sistema eléctrico que fai chegar a electricidade ás nosas casas.


Os transformadores de potencia utilízanse para substransmisión e transmisión de enerxía eléctrica en alta e media tensión. Son de aplicación en subestacións transformadoras, centrais de xeración e en grandes usuarios.

Os transformadores de distribución xeralmente son os de potencias iguais ou inferiores a 500 kVA e de tensións iguais ou inferiores a 67000 V, tanto monofásicos como trifásicos. Aínda que a maioría están proxectadas para montaxe sobre postes, algúns dos tamaños de potencia superiores, por arriba das clases de 18 kV, constrúense para montaxe en estacións ou en plataformas. As aplicacións típicas son para alimentar a granxas, residencias, edificios ou almacéns públicos, talleres e centros comerciais.

Utilízanse en intemperie ou interior para distribución de enerxía eléctrica en media tensión. Son de aplicación en zonas urbanas, industrias, minería, explotacións petroleiras, grandes centros comerciais e toda actividade que requira a utilización intensiva de enerxía eléctrica.


Na anterior figura preséntase o esquema dun sistema de distribución de enerxía eléctrica que nace dunha planta xeradora e que vai ata unha cidade moi afastada. Podes comprobar o rol que teñen os distintos tipos de transformadores no camino da electricidade. Os dous primeiros transformadores, tras sair a electricidade da central xeradora, son transformadores de potencia, mentras que os tres seguintes son de distribución.

Á saída da planta un transformador eleva a voltaxe para iniciar a distribución. Na proximidade da meta iníciase o descenso da voltaxe por medio de transformadores que se atopan en subestacións, descenso que se vai realizando de maneira gradual para poder alimentar a usuarios con diferentes necesidades.

No hay comentarios:

Publicar un comentario