16 sept 2011

Tríathlon

A mediados dos anos 70, un club de atletismo -o Mid-Pacific Road Runners- e un club de natación -o Waikiki Swim Club- tiveron un enfrontamento debido a que cada un deles pedía para si mesmos a categoría de deporte máis esixente.

Neste momento, pretendeuse realizar unha competición para ver cal dos dous era o "mellor deporte". Non contento con isto, un comandante da Mariña dos EUA, John Collins, comentou un artigo da revista Sports Illustrated no que afirmaba que Eddy Merckx -un ciclista belga- era o home que rexistraba a maior osixenación en sangue, polo que a pregunta que fixo foi se os ciclistas poderían gañar esa competición.

Para obter unha resposta, o propio John Collins suxeríu combinar as tres carreiras máis longas de cada unha das disciplinas existentes no Haway: 3,80 km de natación, 185,70 km de bicicleta e 42,19 km de carreira a pé. Ao final reduciron o circuíto de bicicleta para que permitise que comezase onde remataba a natación e finalizase onde comezaba a maratón.

En 1978, foron 15 os participantes nesta carreira organizada por Collins, quen dixo: "ao que remate primeiro, chamarémolo Ironman" (home de ferro, o personaxe dos comics de Marvel), o nome co que se coñece agora esta proba. Dos 15 participantes, 12 chegaron á meta e foi Gordon Haller o que gañou a proba nun tempo de 11h 46' 58''. O Ironman de Hawai segue a ser a proba Ironman máis importante e o actual record estableceuno Luc Van Lierde en 1996 cun tempo de 8h 04' 08''.

Queda dicir que non todo o tríathlon é de longa distancia senón que, dependendo da competición, existen outras distancias. Por exemplo, as distancias olímpicas son: 1,50 km de natación, 40,00 km de bicicleta e 10,00 km a pé.

2 comentarios:

  1. Quedame unha dúbida... que era Haller, corredor, nadador, ou ciclista?

    ResponderEliminar
  2. Esa dúbida tamén a tiven eu, mais non a atopei en ningún sitio. Polo que lin estivo traballando na Mariña e entrenou específicamente o tríathlon, é dicir, corría, andaba na bici e nadaba; ningunha das especialidades exclusivamente.

    ResponderEliminar