15 sept 2011

LDK 189: Napalm

O napalm é unha gasolina xelatinosa que se obtén da mistura da gasolina con xabóns de aluminio de ácidos nafténicos e do aceite de coco. Esta substancia, altamente inflamable e caracterizada por unha combustión moito máis lenta, xunto co comportamento xelatinoso, fixeron dela unha arma empregada polos exércitos en diferentes guerras.

O napalm, no ámbito militar, xurdiu durante a Guerra Civil Española. Durante a Segunda Guerra Mundial, tanto os Aliados coma os Alemáns, empregaron lanzachamas con gasolina xa que na maioría dos casos, crear unha substancia xelatinosa requiría de caucho, un material que escaseaba durante a guerra. Foi en 1942, cando os aliados deron coa solución, o napalm, co que atacaron Dresde e Xapón.

A partir deste punto comezouse a empregar en numerosos conflitos armados destacando o seu uso, probablemente, na guerra do Vietnam, onde deu lugar a unha fotografía que fixo historia, a de Kim Phúc escapando dun ataque:


No hay comentarios:

Publicar un comentario