17 sept 2011

WiFi municipal de balde. Que se pode e que non se pode facer


Xa temos falado no noso blogue sobre o WiFi gratuíto que ofrecen algúns concellos, mais esta semana a nova da sanción de 300.000 euros ao concello de Málaga por uso indebido da rede sen fíos municipal volveu poñer o tema sobre a mesa. E nas redes sociais víronse moitas queixas de usuarios que, seguramente por descoñecemento da lexislación, criticaban ao tribunal que executou a sentenza.

Por iso cremos necesaria esta entrada para aclarar certos aspectos da normativa vixente (que non mudou en absoluto) sobre que condicións teñen que darse para poder ofrecer o servizo de Internet sen fíos gratuíto.

O primeiro de todo é dicir que as telecomunicacións non son un servizo público, senón de interese xeral. Isto obriga ás Administracións públicas a cumplir unha serie de requisitos para ofrecer Internet de balde. Vexamos cales son:
  • Rexistrarse como operador: Se unha entidade (por exemplo, un Concello) vai prestar un servizo de telecomunicacións aos seus veciños ten que estar no rexistro de operadores, segundo se indica na Ley General de Telecomunicaciones. Non terá obrigación de inscribirse cando o servizo de Internet é para uso propio (con claves) ou en bibliotecas e centros culturais.
  • Ter separación contable para o servizo de Internet.
  • Cumplir os principios de transparencia, non discriminación e neutralidade de rede.
Estes principios son fundamentais para poder ofrecer servizo de Internet por parte de calquera Administración. Se ademais se quere ofrecer o servizo de xeito aberto e gratuíto hai que cumplir outro tipo de condicións:
  • Fóra dos edificios. Non se pode dar cobertura a zonas que permitan o acceso a Internet dende domicilios ou empresas.
  • Limitación da velocidade de baixada, a 256 Kbps.
Excepcionalmente, poderanse incumplir estas condicións se...
  • ... está en probas/fase promocional. Ao poñer en marcha a rede, mais sempre previa autorización da CMT.
  • ... se financia con publicidade. Malia que neste caso as empresas que se publicitan non poden ter relación coa Administración que ofrece o servizo, nin ser adxudicataria de ningún contrato da Administración, étc.
  • ... se se limita o uso trámites da Administración.
Como vedes, non custa tanto facer as cousas ben, xa que a lexislación das redes WiFi é bastante clara e sinxela. 

No caso do Concello de Málaga, este non se tiña rexistrado como operador (a norma básica) polo que foi multada con 300.000 euros en febreiro de 2010, dándolle a posibilidade de rexistrarse voluntariamente (que non fixo). O Concello recurriu á Audiencia Nacional, que confirmou a resolución previa.

Se vos interesa o tema, podedes ler tamén as notas da visita que fixemos dende Mallando á Sede da Comisión do Mercado das Telecomunicacións. E se tedes algunha dúbida, preguntade :)

No hay comentarios:

Publicar un comentario