Tortilla francesa ou "tortilla á francesa" é unha expresión que data de principios do século XIX. Esta expresión xurde durante o asedio francés das vilas de Cádiz e San Fernando.
Resulta que, durante a invasión, estas vilas carecían de suficientes patacas e, por tanto, non tiñan os alimentos que precisaban para facer un dos seus pratos favoritos, a tortilla de patacas. Por este motivo, decidiron facer a tortilla de patacas sen patacas, é dicir, só con ovo e aceite.
A partir deste momento, esta receita pasou a ser coñecida por tortilla de cando os franceses, que derivou en tortilla á francesa para rematar co nome polo que todos a coñecemos, tortilla francesa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario