12 sept 2011

'Signaling noise' ou por que temos problemas de conexión con cobertura ao máximo


Se sodes usuarios dun smartphone seguramente en máis dunha vos atopastes nesta situación: o móbil sinala cobertura ao máximo pero somos incapaces de establecer conexión.

Esta molestia para os usuarios coñécese no mundo das telecomunicacións como signaling noise e nesta entrada trataremos de explicarvos os motivos que o causan.

Como sabedes, as conexións de datos son unha lacra para as baterías dos nosos smartphones (como xa temos comentado en Mallando no Android, cortar a conexión de datos pode incrementar en varios días a duración da batería do noso terminal) e por ilo os seus sistemas operativos establecen mecanismos de aforro enerxético que, con diferentes matices e fórmulas, todos coinciden en non estar transmitindo datos de xeito constante. Así as conexións distinguen entre ráfagas (momentos nos que se transmite información) e fases de espera (cando non se transmiten datos), é dicir, hai momentos de conexión e desconexión da rede móbil.

Como podedes imaxinar estas microconexións (por exemplo notificacións de correo push, étc) son moi frecuentes, polo que un mesmo terminal pode chegar a facer varios centos delas ao longo do día. Isto xera moitísimo tráfico de control (para establecer conexión), aínda que logo apenas se transmitan datos.

Así que a combinación de auxe dos smartphones e zonas con alto número de usuarios conectados pode resultar un gran incordio e desesperación.

Para poñer solución a estes problemas estase a estandizar a función Network Controlled Fast Dormancy, que o que fai basicamente é non desconectar nunca o terminal ao 100%, pero si pasar as fases de espera a un letargo. Poderíamos comparar isto co modo suspensión dos portátiles. Con isto no canto de intercambiar 30 mensaxes de control para pasar de estado de desconexión a estado activo pasaríanse a 12 para pasar de estado de letargo a estado activo.

De levar a cabo este estándar dependerá que teñamos un servizo de calidade ou usuarios cabreados.

Fontes:

No hay comentarios:

Publicar un comentario