Nos anteriores artigos desta serie que hoxe chega á súa fin tratamos as falacias formais, as falacias por xeralización de inducción errónea e as falacias de causa falsa.
Hoxe tratamos o último tipo de falacias, as falacias informais. As falacias informais son aquelas que teñen a súa orixe en algo diferente á forma ou á estrutura dos seus argumentos. Algúns autores consideran as falacias de causa falsa como parte das falacias informais.
Pasamos, pois, a ver as distintas falacias informais:
Ignoratio elenchi ou conclusión irrelevante: Consiste en presentar un argumento válido cunha conclusión diferente á que debería levar dacordo co razoamento. Exemplo:
Tu quoque: Consiste en negar a validez dunha postura baseándose en que o suxeito que a enuncia non a sigue. Exemplos:
Argumentum ad hominem: Quizais unha das falacias máis coñecidas, consiste en atacar á persoa que enuncia un argumento en vez de tratar de refutar este argumento.
Falacia do home de palla: A falacia do home de palla, ou argumentum ad logicam, consiste en confundir a posición do opoñente. En vez de tratar de refutar a posición do opoñente, créase unha posición falsa e facilmente refutable, un "home de palla", atribúeselle esa posición ao opoñente, e procédese a refutala. Exemplo:
Argumento ad ignorantiam: Esta falacia consiste en afirmar que algo é verdadeiro porque non foi refutado, ou que algo é falso porque non foi probado. Exemplo:
Argumentum ad populum: É a falacia na que se defende que un argumento é correcto porque moita xente o defende ou cre nel. Exemplo:
Argumentum ad verecundiam: Este argumento basea a veracidade ou a falsidade dun razoamento na fama, ou, especialmente, na autoridade da persoa que o realiza.
Argumentum ad antiquitatem: Este é o argumento que defende a idoneidade dun razoamento polo feito de ter sido tradicionalmente correcto. Exemplo:
Falacia do costo irrecuperable: A última falacia da que imos falar nesta serie é outra falacia moi habitual no mundo da economía. Esta falacia consiste na falsa crenza da idoneidade de seguir invertindo diñeiro nun proxecto no que xa se ten invertido moito diñeiro, xa que está sería a única forma de recuperar a inversión xa feita.

É moi bo tipo e merece todo o mellor. Malo será que non lle toque a primitiva.
Tu quoque: Consiste en negar a validez dunha postura baseándose en que o suxeito que a enuncia non a sigue. Exemplos:
Dis que fumar é malo e fumas! Por que che vou facer caso?
Argumentum ad hominem: Quizais unha das falacias máis coñecidas, consiste en atacar á persoa que enuncia un argumento en vez de tratar de refutar este argumento.
Falacia do home de palla: A falacia do home de palla, ou argumentum ad logicam, consiste en confundir a posición do opoñente. En vez de tratar de refutar a posición do opoñente, créase unha posición falsa e facilmente refutable, un "home de palla", atribúeselle esa posición ao opoñente, e procédese a refutala. Exemplo:
-Non deberías de comer tanto. -Estás dicindo que queres que non coma! Queres matarme de fame! Claro que vou comer, e tanto coma queira!
Argumento ad ignorantiam: Esta falacia consiste en afirmar que algo é verdadeiro porque non foi refutado, ou que algo é falso porque non foi probado. Exemplo:
Ninguén demostrou que os extraterrestres non existan, logo existen. Ninguén demostrou que os extraterrestres existan, logo non existen.
Argumentum ad populum: É a falacia na que se defende que un argumento é correcto porque moita xente o defende ou cre nel. Exemplo:
Todo o mundo pensa que é inocente, non puido roubalo el, aínda que sexa o que aparece nas imaxes da cámara de seguridade.
Argumentum ad verecundiam: Este argumento basea a veracidade ou a falsidade dun razoamento na fama, ou, especialmente, na autoridade da persoa que o realiza.
Argumentum ad antiquitatem: Este é o argumento que defende a idoneidade dun razoamento polo feito de ter sido tradicionalmente correcto. Exemplo:
Como non vai ser a mellor forma de facelo? Sempre se fixo así!
Falacia do costo irrecuperable: A última falacia da que imos falar nesta serie é outra falacia moi habitual no mundo da economía. Esta falacia consiste na falsa crenza da idoneidade de seguir invertindo diñeiro nun proxecto no que xa se ten invertido moito diñeiro, xa que está sería a única forma de recuperar a inversión xa feita.

No hay comentarios:
Publicar un comentario