2 jul 2011

LDK 157: A orixe da palabra "emoticona"


Hai xa bastantes anos, o auxe dos sms, característicos por ter tan só 160 caracteres, deu pé a un cambio na linguaxe: as palabras comezaron a acurtarse atendendo ao sons que para algúns eran indescifrábeis (sempre me chamou a atención o KR4 que usaba unha amiga para referirse ao Carrefour).

Parella a esta diminución dos caracteres das palabras apareceron os emoticonas, ou o que é o mesmo, a aplicación dos símbolos dos teclados para representar caras e un sinfín de sensacións/emocións. De feito, existen centos de diccionarios emoticon - significado.

Mais para que non o soubese, emoticona é un préstamo adaptado de emoticon, que á súa vez provén da unión de dúas palabras (o que se coñece como blending): emotion + icon (emoción + icona), ou o que é o mesmo: a representación das emocións a través de iconas.


2 comentarios: