6 jun 2011

Na procura de alternativas a Dropbox (I)

Até hai pouco falar de música na nube era falar de Spotify... e falar de almacenaxe de Dropbox. Se ben é certo que este último é un dos servizos máis completos que podemos achar na rede, como xa temos visto, o certo é que existen alternativas ben interesantes. Velaquí amosamos algunhas delas:

Adrive

Adrive é, resumindo, máis (espazo) por menos (prezo): ofrece 50 GB gratuitamente no seu plan Basic, aínda que con limitacións a un uso individual, menos seguridade, posibilidade de que apareza publicidade e non posibilidade de ter varias sesións abertas á vez.

A mesma cantidade de almacenaxe corrixindo esas eivas custa 6,95 $/mes ou 69,50 $/mes. Para opcións maiores, ofrecen as seguintes alternativas:

  • 100 GB por 13,95 $/mes ou 139,50 $/ano.
  • 250 GB por 33,95 $/mes ou 339,50 $/ano.
  • 500 GB por 66,95 $/mes ou 669,50 $/ano.
  • 750 GB por 99,95 $/mes ou 999,50 $/ano.
  • 1 TB por 131,95 $/mes ou 1319,50 $/ano.
  • 2 TB por 261,50 $/mes ou 2615,00 $/ano.
  • 3 TB por 388,65 $/mes ou 3886,50 $/ano.
  • 4 TB por 513,40 $/mes ou 5134,00 $/ano.
  • 5 TB por 635,75 $/mes ou 6357,50 $/ano.
  • 6 TB por 755,70 $/mes ou 7557,00 $/ano.
  • 7 TB por 873,25 $/mes ou 8732,50 $/ano.
  • 8 TB por 988,40 $/mes ou 9884,00 $/ano.
  • 9 TB por 1101,15 $/mes ou 11011,50 $/ano.
  • 10 TB por 1211,50 $/mes ou 12115,00 $/ano.
SugarSync

Este servizo ofrece 5 GB de almacenamento de balde, ampliábeis mediande a contratación de plans de pago:
  • 30 GB por 4,99 $/mes ou 49,99 $/ano.
  • 60 GB por 9,99 $/mes ou 99,99 $/ano.
  • 100 GB por 14,99 $/mes ou 149,99 $/ano.
  • 250 GB por 24,99 $/mes ou 249,99 $/ano
  • 500 GB por 39,99 $/mes ou 399,99 $/ano.
En canto a características, as habituais: permite traballar fóra da nube e que o sincronismo se faga unha vez conectado, compartir cartafoles...

Ademais ten unha ferramenta avanzada para a xestión de fotos e música, con posibilidade de compartir directamente a Facebook ou escoitar música en streaming.

É compatíbel coas plataformas Windows e Mac, así como tamén coas móbiles Android, iOS, BlackBerry e Windows Mobile.



Spideroak

Spideroak é unha alternativa barata para aquela xente que precisa gran cantidade de espazo, pois ofrece 100 GB por 10 $/mes ou 100 $/ano, aínda que tamén dispón de contas gratuítas de 2 GB.

Dispón de aplicacións multiplataforma (Linux, Windows e Mac), algo máis limitado en móbiles (Android e iOS).

Ademais, na súa web anuncian velocidades de sincronismo entre 10 e 15 veces máis rápidas que outras alternativas, e dispón dun historial de versións antigas por se sobreescribimos un arquivo accidentalmente.



OpenDrive

Ao igual ca Spideroak é unha alternativa barata para quen precisa de moito espazo, xa que dispón da versión gratuíta con 5 GB de espazo e 100 Gb por 5 $/mes oy 50 $/ano.

Trátase dunha alternativa que dispón de moitas posibilidades para compartir, con outros membros de OpenDrive ou non-membros.

O único negativo é que dispón de límite de tráfico por día (25 GB) e de tamaño de arquivos (até 1 GB).

Fiabee

Fiabee é unha alternativa algo máis modesta que fai especial fincapé na seguridade e encriptación dos datos, tanto durante as transferencias como na almacenaxe.

Mais tamén fai unha descarga eficiente, xa que no canto de baixar todo o arquivo baixa só os metadatos, que dan información do mesmo, polo que non consume gran ancho de banda. Afirman que en breve abrirán a posibilidade de compartir cartafoles con terceiros.

Ofrece 1 GB gratuíto, de momento non ampliábel, e está en fase beta. Dispoñen de aplicación específica para Android (en breve tamén para BlackBerry) e unha extensión para Chrome, polo que é compatíbel con todos os sistemas operativos que aceptan este navegador.



Ligazóns aos recursos:

1 comentario: