5 jun 2011

Malla do 30 de Maio ao 5 de Xuño

Esta semana continuouse a falar da polémica pola publicación do Diccionario Biográfico Español, obra encargada pola Real Academia de Historia e subvencionada polo goberno do Estado, na que algunhas biografías foron denunciadas como pouco obxectivas ou parciais. Isto levou á Academia a plantexar a necesidade de introducir cambios nestas entradas coa maior rapidez posible.

A outra gran nova da semana foi que a IARC, organización dependente da OMS, incluiu os teléfonos móbiles nunha lista de posibles canceríxenos, ao nivel do café, o cloroformo ou a polución dos automóbiles. As respostas á noticia, que van da consideración como chamada de atención á crítica e fan énfase na falta de probas para dar un xuízo definitivo, foron recopiladas por Público.

Porén, na internet atopamos outras moitas ligazóns interesantes, como esta viaxe fotográfica polo sistema solar, unha fascinante galería de imaxes que chegou ás nosas mans vía @Milhaud.

Tamén vía @Milhaud, obtemos unha pequena explicación de por que antes eran leis científicas pasaron a chamarse teorías científicas. Un curioso matiz que intenta alexar a razón científica da imaxe dun lexislador que estableza as leis que rexen o universo.

No blogue da CMT faláronnos da regra de 3 da telefonía móbil. E é que en todos os países hai 3 grandes operadoras, con 3 destacados terminais de 3 sistemas operativos diferentes.

A Comisión Europea publicou un informe que recoñece por vez primeira os dereitos de autor dos xornalistas sobre as súas obras. (via @carlos_toural).

E por último, esta semana tivo tamén lugar un referéndum en Malta sobre a legalización do divorcio. Coa victoria do Si, só as Filipinas e a Cidade do Vaticano seguen considerando o divorcio como ilegal no seu ordeamento xurídico.

No hay comentarios:

Publicar un comentario