Esta semana, a través do Twitter de @Milhaud, chegamos a este xogo de Sporcle (moi recomendable!) no que temos 12 minutos para tentar adiviñar as 100 palabras máis usadas do inglés. Se tes intención de facer o xogo non deberías pasar deste punto polo de agora.
As listas de palabras teñen máis usos que a mera análise lingüística. Destacamos o seu uso na criptografía (podedes ver o que xa falamos sobres os rankings de letras e dígrafos máis usados na entrada sobre análise criptográfica de Fer Real), onde os rankings de palabras máis empregadas son outra axuda á hora de descifrar as mensaxes. Porén, non nos podemos esquecer doutros campos, coma o da aprendizaxe de idiomas ou a etimoloxía. A relación con estes campos é debida a que, en xeral, as palabras máis empregadas en calquera lingua adoitan ser comúns ao núcleo básico da linguaxe (se ben no inglés isto non se cumpre, máis xa falaremos disto noutro momento), e, ademais, adoitan ser as palabras que permiten as maiores irregularidades, precisamente porque o seu grande uso fai máis difícil unha regularización.

Analicemos agora as 100 palabras máis empregadas da lingua inglesa, que podedes atopar aquí, nuns datos tomados do Oxford English Corpus. Entre estas 100 palabras atopamos:

- A serie dos pronomes suxeito e obxecto.
- Os artigos, os determinantes posesivos e os demostrativos this, that e these.
- As wh-forms (interrogativas ou relativas) what, who, when, which, how.
- Modais coma will, would, can, ou could.
- Verbos, incluíndo os auxiliares básicos, coma be, have, do, say, get, go, make, like, know, take, see, look, come, think, use, work, want, give.
- Un bo número de preposicións e conxuncións: to, of, and, in, that, for, on, with, as, at, but, by, from, or, so, out, if, about, into, than, after, because.
- Adverbios: not, there, up, out, just, then, now, only, over, also, back, even.
- Cuantificadores ou numerais: one, all, some, other, two, first, any, most.
- Uns poucos sustantivos: time, people, year, way, day e adxectivos: good, well, new.
- A interxección no.
Como podedes ver, as palabras que conforman este ranking son as que forman a estrutura gramatical básica da linguaxe, un feito que se repite en case todas as linguas. Porén o baixo número de sustantivos da lista faría que o número de enunciados que puidesemos formar con elas fose relativamente baixo.

No hay comentarios:
Publicar un comentario