Pode que pensaras que a letra do NIF está posta ao chou, mais isto non é así. A letra que acompaña ao número de 8 cifras do DNI vén dada polo chamado algoritmo módulo 23, que consiste en aplicar a operación módulo á cifra numérica do DNI.
A operación módulo X de y dá como resultado o resto da división Y/X, polo que no caso do módulo 23 a cifra atópase entre 0 e 22.
A operación módulo X de y dá como resultado o resto da división Y/X, polo que no caso do módulo 23 a cifra atópase entre 0 e 22.
Daquela, para calcular a letra que acompaña a un DNI teríamos que facer "nº de DNI" mod 23, e asignar a letra correspondente ao número do resultado conforme á seguinte asignación:
- 0 - T
- 1 - R
- 2 - W
- 3 - A
- 4 - G
- 5 - M
- 6 - Y
- 7 - F
- 8 - P
- 9 - D
- 10 - X
- 11 - B
- 12 - N
- 13 - J
- 14 - Z
- 15 - S
- 16 - Q
- 17 - V
- 18 - H
- 19 - L
- 20 - C
- 21 - K
- 22 - E
Fonte: Wikibooks

No hay comentarios:
Publicar un comentario