Hai xa algún tempo falamos de búsquedas Booleanas ou con operadores. Hoxe imos ver as particularidades das búsquedas con operadores en Twitter.
A búsqueda por defecto, é dicir, sen operador, en Twitter é na práctica, como en Google, un operador AND. Así, se buscamos "mallando android" só obteremos os resultados que conteñan ambas palabras, e non os que conteñan unha soa. Para isto teremos que usar o operador OR, que nos dará os resultados que conteñan unha, outra ou ambas as palabras. Para usar o operador NOT teremos que poñer o signo menos antes da palabra que queiramos evitar: Así "mallando -android" daranos todos os tweets de mallando que non conteñan a palabra android. Ademais dos operadores lóxicos, Twitter tamén permite a búsqueda de secuencia exacta entrecomiñando a secuencia a buscar.

Porén, as posibilidades de Twitter van moito máis alá, e, como podedes ver na imaxe sobre estas liñas, incorpora novos operadores que permiten limitar e facer máis precisas as búsquedas.
Entre os operadores que parecen máis obvios están a búsqueda de hashtags apoñendo un # á palabra a buscar, así como a de persoas, buscando cos operadores from:, to: e @ os tweets envíados por, a ou referenciando a outros usuarios.
Menos esperables son outros operadores, como near: para buscar tweets xeolocalizados próximos á localización desexada, cun rango espacial que incluso podemos limitar empregándoo xuntamente ao operador within:. Podemos tamén buscar tweets por data empregando os operadores since: (desde) e until: (até) seguidos dunha data.
Por último, os operadores que nos parecen máis interesantes son o operador filter:links, que permite que os resultados sexan só aqueles que conteñen links, e o operador source:, que filtra os resultados mediante o sistema polo cal foron enviados a Twitter.
Mediante o emprego e a combinación destes operadores poderemos atopar moito máis facilmente ideas ou referencias interesantes, sen ter que abusar dos favoritos e facendo a nosa experiencia de uso de Twitter incluso máis satisfactoria.

Grazas, non caera aínda nas ventaxes das procuras con operadores
ResponderEliminar