Os aeróstatos son máquinas que se empregan para voar e que, ao contrario dos avións e dos helicópteros, voan por seren máis lixeiros ca o ar. Están compostos por unha góndola onde vai a tripulación e por unha bolsa que contén un gas, ben sexa aire quente ou un gas distinto, de menor densidade ca o aire exterior.
Existen diversos tipos de clasificacións, pero quizais a máis significativa sexa a distinción entre dirixibles e non dirixibles, é dicir, que teñen algunha maneira de controlar a súa dirección ou que simplemente se deixan levar polas correntes de aire podendo controlar, ou non, a súa elevación. Tamén podemos clasificalos segundo se a bolsa é cerrada ou aberta sendo, habitualmente, aberta a dos globos aerostáticos que quentan o aire para facelo máis lixeiro, e cerrada a dos dirixibles, que conteñen dentro un gas de menor densidade.
Os globos aerostáticos son un invento que data do século XVIII e que, habitualmente, teñen unha bolsa aberta pola súa parte inferior a través da que se introduce, mediante un queimador, o aire quente que é máis lixeiro ca o aire exterior. Como se observa na imaxe da esquerda, enchemos o globo [vídeo] e este colle a verticalidade e comeza a elevarse grazas ao principio de Arquímedes.
Pola outra banda temos os dirixibles, é dicir, aeróstatos coa bolsa cerrada e chea dun gas que os fai flotar. Os dirixibles teñen a capacidade de manobra que permite guialos sen ter que aproveitar as correntes de aire. Tradicionalmente os dirixibles estaban cheos de hidróxeno, o cal ten unha densidade de 0,09 kg/m3 fronte aos 1,18 kg/m3 do aire pero, debido ao impacto mediático do accidente e incendio do Hindenburg, no que morreron 35 persoas, decidiuse substituílo por helio, un gas máis denso (0,18 kg/m3) ca o hidróxeno, pero aínda así moito menos denso ca o ar.
Na actualidade, os dirixibles non teñen un fin comercial, mais si que se empregan con fins publicitarios debido a que son moi vistosos.
Na actualidade, os dirixibles non teñen un fin comercial, mais si que se empregan con fins publicitarios debido a que son moi vistosos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario