1 may 2011

A malla do 25 de Abril ao 1 de Maio

Comezamos a malla da semana coa nova de que Sony admitiu que se puido ter producido un roubo masivo de datos de usuarios da rede de PlayStation. Malia os datos estaren encriptados, segundo Sony, o New York Times alertou de que poden estar á venta.

Dentro das novas tecnolóxicas, destacamos que a portabilidade nun só día é un obxectivo que se persigue en Europa que xa se leva a cabo en UK.

Seguimos cunha non tan nova, facendo referencia a un Porche híbrido de 1901. No post tamén nos indican que por esa data moitos coches funcionaban cun motor de combustión que alimentaba motores eléctricos que facían mover as rodas.

A través do twitter de Milhaud tamén chegamos a un post no que nos mostra como a intolerancia á lactosa e a maneira de estar repartidas as porcentaxes de intolerancia son unha mostra da selección natural.

Tamén, esta semana, pechou na India a Godrej and Boyce, a última fábrica de máquinas de escribir.

E para rematar, lembrámoslle aos despistados que hoxe entran en vigor as novas limitacións de Spotify. Lembrámos tamén que hai unha rea de alternativas a Spotify, que podes ver neste post.

No hay comentarios:

Publicar un comentario