17 abr 2011

A malla do 11 ao 17 de Abril

O pasado martes, o 12 de abril, cumplíronse 50 anos do primeiro voo orbital tripulado, foi Yuri Gagarin a bordo da Vostok 1. La pizarra de Yuri explica nunha entrada de outubro do ano pasado como "o home co que comparte nick fixo algo curioso", ser o primeiro home no espazo. Tamén compartimos algunha recopilación fotográfica, e o Fist Orbit, un vídeo que mostra en tempo real as imaxes que o cosmonauta puido ver combinadas co audio real da misión. E como non ía ser menos, Yuri tivo doodle propio:



Porén, a efémeride do voo de Gagarin non foi o único feito destacado esta semana. O outro grande polo de atracción informativa foi a nova da introdución, a partir do 1 de maio, de limitacións en Spotify tanto para usuarios free como open, de modo que só se poideran escoitar un máximo de 10 horas de música ao mes, e só 5 veces a mesma canción. A reacción non se fixo esperar, e desde Microsiervos xa amosan 7 posibilidades que poderían substituír ao Spotify, ademais, xorden tamén as ferramentas que permiten copiar as listas de reprodución de Spotify noutros soportes. En todo caso, a rede arde con comentarios sobre o que facer despois da decisión de Spotify: Ben buscar alternativas para evitar ceder ao que se considera unha chantaxe, ou ben pasarse a Premium.

Ademais, esta semana anunciaronse o peche de todas as tendas de PC City e un novo concurso de frecuencias de FM que poría en perigo as radios libres e comunitarias ao esgotar o espectro radioeléctrico planificado.

2 comentarios:

  1. Your article is extraordinarily smart.I love to browse your diary's posts everyday and that i got vast facilitate from your blog and developed a replacement app how much is spotify premium
    you'll check.Thanks for wonderful diary.

    ResponderEliminar