16 abr 2011

LDK 124: Arxila expandida

A arxila expandida, tamén coñecida por arlita debido á marca comercial do mesmo nome, é un árido cerámico moi lixeiro que se emprega para facer formigón lixeiro e como filtrante de auga para drenaxes.

Un formigón normal ten unha densidade aproximada de 2 500 kg/m3, mentres que un formigón lixeiro constituído por arlita pode chegar ter unha densidade de 500 kg/m3, unha quinta parte do peso do formigón normal, é dicir, este formigón flota na auga!

A arxila expandida prodúcese a partir da arxila natural que se quenta nun forno rotativo a unha temperatura duns 1 100 ºC, ao cocerse queda un produto cerámico con forma de boliñas porosas cun diámetro que varía entre os 5 e os 15 mm.

Os morteiros realizados con este produto empréganse para facer pendentes en cubertas planas (lembremos que unha cuberta plana non é horizontal, pois se fose totalmente horizontal empozaría a auga), ou para facer recrecidos cun peso final moi reducido.

No hay comentarios:

Publicar un comentario