2 ene 2011

A malla do 27 de Decembro ao 2 de Xaneiro

Unha imaxe dun relampo capturada por unha cámara que captura dez millóns de fotogramas por segundo grazas ao Instituto Tecnolóxico de Florida.

Doutra banda, a Comisión do Mercado das Telecomunicacións (CMT) vén de asignar o primeiro bloque de numeración móbil que comeza por 7. Concretamente, asignáronse a Orange 200.000 números no rango 7377 e 7478.

Hispasat vén de pór en órbita un novo satélite da serie, o Hispasat 1E, co que se pretende mellorarar os servizos de banda larga, televisión dixital e alta definición, mellorando a cobertura en Europa, América e África.

Un mapa dialectal hiperdetallado do inglés de Norteamérica, cunha petición para a súa actualización.

Rematan de explorar a cova de Hang Son Doong, en Vietnam, a cova máis longa coñecida que alberga vexetación no seu interior.

No hay comentarios:

Publicar un comentario