16 ene 2011

A malla do 10 ao 16 de Xaneiro

A principios da semana, o martes, o ministro de Industria e o presidente de Telefónica presentaron o informe sobre a "Sociedade da Información en España en 2010". Á presentación xubilosa de Alierta non tardaron en saírlle críticas explicando que non todo é tan bonito como pintaba a presentación ante o ministro.

Esta semana tamén nos trouxo outra nova interesante, a próxima conversión do portal de enlaces Series Yonkis ao formato de rede social para evitar, desta maneira, o posible peche da web se chega a aprobarse a Ley Sinde.

Tamén se emitiu, e publicou na web o documental emitido por RTVE "Obsolescencia programada", no que nos contan como as bombillas, cámaras, impresoras, baterías... están programadas para ter unha determinada vida útil, e tras esa data de caducidade avaríanse para non volver a funcionar para desta maneira fomentar unha sociedade de consumo.

A música, igual cá comida, o sexo, os cartos ou a droga, producen unha sensación de benestar debida á secreción de dopamina. A dopamina forma parte do "sistema de recompensa", o encargado de facer satisfactorias os costumes precisos para a supervivencia: busca de alimento, procreación, ou a adición provocada pola droga.

Ademais, a aplicación web para facer vistosas presentacións, o Prezi, segue a súa expansión e popularización, esta semana puidemos ver nun video a novidade do desenvolvemento de Prezi para o Ipad.

E, para rematar, en Amazings.es tamén puidemos escoitar o repaso ás novas científicas do ano 2010 que Irreductible fixo no programa Galaxias y Centellas da RadioTelevisiónCanaria.

No hay comentarios:

Publicar un comentario