15 ene 2011

LDK 85: Suspensión e hibernación

Sabemos que os nosos computadores (independentemente do sistema operativo que empreguemos) proporciónannos, alén da opción de apagado do equipo, outras dúas: hibernar e suspender. Con esta LDK trataremos de explicar en que se asemellan e en que se diferenzan.

Semellanzas
  • Reducen o consumo de enerxía.
  • Ao iniciarse, deixan todo como cando se iniciou o estado de suspensión/hibernación.

Diferenzas
  • En estado de suspensión non se deixa de suministrar enerxía. Mantéñense activas as diferentes tarxetas (son, rede...), a CPU e a memoria. No caso de que se interrumpa o abastecemento de enerxía, pérdese todo o traballo.
  • Coa hibernación, o computador garda todo no disco duro (traballo, estado dos programas, étc), previa compresión. Isto permite desconectar o sistema de alimentación sen perder o traballo realizado.


Consellos de uso

O estado de suspensión débese empregar con precaución e esporadicamente (parada para descanso, étc). Doutra banda, podemos confiar plenamente no uso do modo de hibernación, cuxo uso é recomendábel para computadores que dispoñen de pouca RAM e que adoitan tardar moito en arrancar, ou tamén para cando adoitamos traballar con programas pesados e non queremos eternizarnos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario