31 dic 2010

A Unión Internacional das Telecomunicacións (UIT)

A Unión Internacional das Telecomunicacións (UIT) é a organización dependente da Organización das Nacións Unidas (ONU) que ten como función exercer de organismo regulador das tecnoloxías da información e da comunicación a nível mundial. 

A súa fundación remóntase a 1865, o que fai que sexa o organismo máis antigo dos que forman a ONU. Na actualidade, participan da UIT 192 Estados e máis de 700 membros do sector das telecomunicacións (membros e asociados) e a súa sede está en Xenebra (Suíza).

Así mesmo, a UIT está composta de 3 sectores diferenciados:


UIT-T: Sector de Normalización das Telecomunicacións (antigamente CCITT)


É o sector de normalización por execelencia da UIT, o que máis regulacións pon en marcha e que abranguen dende as redes básicas de comunicacións de voz até os de próxima xeración (por exemplo, os relacionados coa televisión IP ou IPTV).

O traballo da UIT-T tradúcese nunha serie de recomendacións, coñecidas como Recomendacións UIT-T, a meirande parte delas de obrigado cumprimento. Trátase dun traballo é esencial, xa que non tería sentido algún ter sistemas de comunicación nos que emisor e receptor funcionasen de xeito diferente.

Entre as prioridades da UIT-T están o desenvolvemento de aplicacións TIC para países en vías de desenvolvemento e a interoperabilidade das redes de próxima xeración (Next Generation Networks ou NGN), a seguridade das TIC e o seu impacto no cambio climático.


UIT-R: Sector de Normalización das Radiocomunicacións (antigamente CCIR)


O espectro radioeléctrico é un ben prezado, dado que dunha banda é un ben finito e por outra porque as telecomunicacións pasan a día de hoxe por solucións en mobilidade. Neste sentido, a UIT-R encárgase da xestión global de frecuencias radioeléctricas (telefonía móbil, radiodifusión, sistemas de posicionamento global...) e das órbitas dos satélites.

Mais a UIT-R non só xestiona a que se adica cada porción do espectro radioeléctrico, senón que tamén se esforza en elaborar informes e recomendacións coas características que deben ter os enlaces de radio ou os dispositivos empregados, co fin de garantir unha comunización eficaz e fiábel ante dificultades, como puideran ser as relacionadas con fenómenos meteorolóxicos.

Outros aspectos, como o lanzamento de novos satélites de telecomunicacións, tamén deben contar coa disposición favorábel da UIT-R, que se encargará de definir as frecuencias que lle asigna.


UIT-D: Sector de Desenvolvemento das Telecomunicacións da UIT

O obxetivo do terceiro sector é o desenvolvemeneto do dereito á comunicación de todos os habitantes do paneta a través do acceso aos servizos de infrestrutura e a información e a comunicación.

O seu traballo baséase en propór iniciativas para reducir a denominada fenda dixital, promover a extensión das TIC, e colaborar cos países para conseguir financiamento para obter recursos técnicos e humanos para crear redes de telecomunicacións.

Para máis información pódese visitar a web da ITU.

No hay comentarios:

Publicar un comentario