30 dic 2010

LDK 78: Os Quarter Days

Os Quarter Days eran, tradicionalmente, os días de contratación de servos e de pago de rendas en Inglaterra, Irlanda, Escocia e Gales. Estes dias coinciden con festividades relixiosas e, excepto en Escocia, cadran preto dos solsticios e equinocios.

A orixe dos Quarter Days vén da tradición xudicial británica, que xa desde a Carta Magna, firmada polo King John, recoñece que
To none will we sell, or deny, or delay right or justice.
A ninguén venderemos, denegaremos ou adiaremos dereito ou xustiza.


Polo tanto, non se deben deixar as rendas ou os conflitos irresoltos máis alá dos Quarter Days:

"However complex the case, however difficult to settle the debt, a reckoning has to be made and publicly recorded; for it is one of the oldest legal principles of this country that justice delayed is injustice".
Non importa a complexidade do caso ou a dificuldade do saldo da débeda. débese facer e rexistrar publicamente un xuízo, porque un dos principios legais más vellos deste país é que a xustiza adíada é inxustiza.


Os Quarter Days en Inglaterra, Gales e Irlanda eran:

Lady Day
, a festa da Anunciación da Virxe, o 25 de Marzo.
Midsummer Day, a festa de San Xoán, o 24 de Xuño.
Michaelmas, o dia de San Miguel, o 29 de Setembro.
Christmas, o dia de Nadal, o 25 de Decembro.

Os Quarter Days en Escocia eran:
Candlemas, a Virxe da Candelaria, o 2 de febreiro.
Whitsunday, o Domingo de Pentecostés, que se ben ten data variable márcase a 15 de maio.
Lammas, o día da colleita do trigo, o 1 de agosto.
Martinmas, o dia de San Martiño, o 11 de Novembro.

Vixencia:
En Inglaterra e Gales, se ben dun xeito moi diminuído, aínda se empregan estas datas como data de pago de alugueres e outras rendas. O ano fiscal, ademais, comeza o 6 de abril, o antigo Lady Day segundo o Calendario Gregoriano.

En Escocia, os Quarter Days seguen en uso para moitos pagos trimestrais, se ben foron recentemente regulados pola Term & Quarter Days (Scotland) Act do 13 de xuño de 1990, que marca novos Quarter Days os días 28 dos meses de febreiro, maio, agosto e novembro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario