29 dic 2010

LDK 77: Multimedia Messaging Service (MMS)

O Multimedia Messaging Service (Servizo de Mensaxería Multimedia) é un protocolo para o envío de mensaxes con información multimedia entre teléfonos móbiles, mellorando o servizo básico de SMS (só texto, 160 caracteres). Esa información multimedia puideran ser imaxes, son, vídeos, máis texto ou combinanciónes destes.

Entre as súas vantaxes atopámonos que se trata dun estándar que é independente do tipo de transporte e rede móbil que se empregue, permitindo a iteración entre usuarios de diferentes tipos de redes.

En canto á recepción, pódense dar dous casos.
  • WAP Push. Neste caso, as mensaxes almacénanse na nube, e o usuario receptor recibe un enderezo web onde pode consultar a mensaxe (normalmente esta característica dase cando o receptor non posúe un dispositivo compatíbel con MMS).
  • Descarga da mensaxe. É o método máis habitual. O equipo receptor descarga o contido e o usuario pode velo directamente no seu terminal.

Linguaxe

As mensaxes multimedia MMS réxense polo chamado SMIL (Synchronized Multimedia Integration Language, Linguaxe Sincronizado Multimedia). Trátase dun estádar que permite organizar e sincronizar o contido multimedia na orde na que se quere presentar (que se reproduce primero, que despois.. etc), de xeito semellante ao HTML e web.

Motivación

Os MMS xurdiron coa intención de substituír aos mensaxes sms, nun mundo cada vez máis multimedia. Sen embargo, os seus prezos excesivos e as súas limitacións (tamaño reducido, posibilidade de enviar MMS a enderezos electrónicos pero non de volta...) fixéronnos fracasar.

Axiña comezaría o auxe do Internet móbil facendo que as MMS quedasen relegadas ao esquecemento, como o paso Intermedio necesario e non útil das comunicacións de datos móbiles.

No hay comentarios:

Publicar un comentario