14 dic 2010

Por que non caemos da bicicleta?

É ben sabido que canto máis rápido imos nunha bicicleta (sen ser esa velocidade excesiva para unha circulación segura), máis fácil é gardar o equilibrio. Isto débese a unha magnitude física denominada momento cinético ou angular. Aínda que esta magnitude non sexa exclusiva das rotacións, si é, probablemente, onde mellor reflectida se vexa.
O momento cinético oponse ao cambio de dirección do plano que o contén, de maneira que canto maior sexa este na roda, máis dificil será que caia. O momento obtense de multiplicar a cantidade de movemento, P, polo vector que o une co eixe de xiro, v. Para que o momento aumente, deberá aumentar un dos factores, este aumentará ao aumentar o radio, por tanto, son máis estables as rodas máis grandes; tamén aumentará a estabilidade cun aumento da cantidade de momento, que variará directamente coa variación do peso das rodas ou da velocidade de xiro. Recentemente publicáronse en internet novas sobre bicicletas coas que era máis fácil gardar o equilibrio grazas a un xiroscopio, é dicir, un aparello que baseada o seu funcionamento no que acabamos de explicar.

Cabe destacar que as balas tamén manteñen a súa dirección grazas ao momento cinético; os canóns das armas teñen unhas estrías elicoidais que fan que o proxectil xire e por tanto siga xirando tras ser disparado e que desta maneira non se desvíe da traxectora determinada nun principio.

Un dos efectos máis abraiantes que se pode observar grazas ao momento cinético é o que se ve neste vídeo (tedes que clicar, xa que non deixa embebelo), unha roda mantén a verticalidade, grazas ao xiro, aínda que só está suxeita dun extremo. A continuación deixo outro vídeo no que se mostran outras curiosas consecuencias do efecto:

2 comentarios:

  1. Boísimo o vídeo de techtv.mit.edu
    Mágoa que non deixen embebelo

    ResponderEliminar
  2. O certo é que si, é un experimento que teño ganas de probar, a ver se a próxima vez que pinche a roda da bici :P

    ResponderEliminar