16 dic 2010

LDK 71: De censuras en Twitter e de como facer un trending topic


A semana pasada houbo certa polémica en Internet arredor do non menos polémico caso Wikileaks: estaba Twitter a censurar Wikileaks? por que había tantos tweets co hashtag #wikileaks e non aparecía nos trending?

A resposta, lonxe de ser froito de escuras conspiracións, atopámola no algoritmo que emprega a rede social de microblogging para determinar os 'temas do momento' (i.e. trending topics), que premia a novidade fronte á cantidade. Polo tanto, se nun determinado momento hai un pico por un interese determinado, este subirá postos na escala dos trending, mentres que outro tema do que se leve falando algún tempo perderá fol.

Este algoritmo de creación dos trendings púxose en marcha na primavera deste ano, tras comprobar que fans do cantante Justin Bieber ocupaban arredor do 3% do volume total de tweets, mantendo un trending constante.

Como facer un trending topic

Cifras

En termos medios, nun día, uns 650.000 usuarios escriben preto de 2 millóns de tweets. Nunha hora, o número de usuarios únicos é de arredor de 50.000. 1350 tweets ven a vida por minuto. Finalmente, ao día hai uns 8.900 trending topics, cuxa vida útil é de arredor de 11 minutos.

Factores que inflúen ao crear un trending

Basicamente, son 2:
  • O número de xente tweeteando á vez sobre un tema en cuestión.
  • A hora do día.
A isto débense sumar outros aspectos como:
  • O número de seguidores dos usuarios que están a tweetear (cantos máis sexan, máis posibilidade hai de que se unan á orxía de tweets e corra a bola).
  • O tema, que sexa novidoso (absterse de cousas obvias e habituais como bos días).
  • A localización. Procurar evadir os horarios diurnos de Xapón e USA, para non ficar nun segundo lugar.
Número finais

Tendo en conta, o anterior, calcúlase o seguinte número de tweets e usarios mínimo segundo as franxas horarias.
  • De 00.00h a 06.00h: 1200 tweets e 500 usuarios.
  • De 06.00h a 12.00h: 1700 tweets e 733 usuarios.
  • De 12.00h a 18.00h: 1500 tweets e 812 usuarios*.
  • De 18.00h a 24.00h: 1900 tweets e 922 usuarios.
*O feito de que esta cifra sexa maior é porque hai máis xente usando a rede social, inda que menos activa.

Fontes

Recomendo especialmente a consulta á infografía.

No hay comentarios:

Publicar un comentario