20 dic 2010

PLC: Power Line Communications (I)

PLC son as siglas de Power Line Communications, isto é, Comunicacións por Cable Eléctrico. Trátase dunha tecnoloxía de comunicación baseada no aproveitamento do ancho de banda non empregado para a transmisión de enerxía nas redes eléctricas de baixa tensión (220 voltios) para transmitir información dixital.

Esta tecnoloxía ofrece unha velocidade de 45 Mbps (27 Mbps de baixada e 18 Mbps de suba), inda que se teñen feito probas acadando 200 Mbps de fluxo total (suba e baixada). Malia iso, esta velocidade é a compartir entre todos os usuarios dependentes dun mesmo repetidor.

Como funciona

Para analizar como funcionan as conexións por PLC cómpre que fagamos distinción entre 3 tipos de dispositivos esenciais: o módem PLC, o repetidor e o módem de cabeceira.
  • Módem PLC: como todo módem, trátase dun dispositivo que se encarga de modular e demodular os sinais que recibe. Este módem vai conectado a un enchufe doméstico e a el poderanse conectar todo tipo de dispositivos encargados da transmisión de voz e datos (ordenadores, teléfonos IP, impresoras de rede, alarmas...).
  • Repetidor: o repetidor conéctase ao módem PLC do usuario para reemitir o sinal que se envía dende a cabeceira. É compartido por varios usuarios.
  • Módem de cabeceira: sitúase nas instalacións da compañía eléctrica e conéctase cos repetidores.
Con estes 3 dispositivos constrúese a arquitectura da rede de acceso, que funcionará do seguinte xeito: o módem de cabeceira conectarase á rede de distribución de telecomunicacións e encárgase de inxectar datos á rede eléctrica.

A continuación o repetidor encárgase da parte denominada indoor. É dicir, nun punto intermedio entre a cabeceira e o usuario (para instalacións comunitarias, un por edificio aproximadamente) recibe a inforamación transmitida dende a primeira e distribúea cara os diferentes usuarios dependentes de dito repetidor.

Finalmente, o módem PLC, que se conecta a calquera enchufe da rede eléctrica interior. A el pódense conectar multitude de dispositivos que posúan interfaces Ethernet ou USB

Cómpre sinalar ademáis que o dispostivo de cabeceira emite sinais que oscilan entre 1.6 e 35 MHz, frecuencias moi superiores aos 50 Hz da rede eléctrica. Isto faise deste xeito para evitar interferencias e que o receptor sexa capaz de identificar e separar o que é información e o que non.

Vantaxes, desvantaxes e estado de desenvolvemento da tecnoloxía PLC

Vantaxes:

As principais vantaxes do PLC son:
  • Cobertura global. Pódese dicir que a cobertura da rede eléctrica é universal. Isto fai que PLC sexa unha alternativa para dotar de cobertura de banda larga zonas illadas.
  • Gran axilidade de despregamento, ao non ter que investir nin cartos nin tempo en obra civil (zanxas, tendido de cableado) nin en burocracia (permisos).
  • Instalación doada no lugar onde se vai instalar o acceso.
Desvantaxes

Entre as desvantaxes sinalar as seguintes:
  • Compartición. A gran influencia da compartición da rede pode facer oscilar a velocidade de conexión bastante. Ademáis, os cambios no consumo eléctrico tamén afectan á estabilidade da conexión.
  • Ruído. A tecnoloxía PLC vése influenciada por moitos tipos de ruído que afectan á calidade da conexión (ruído de fondo, harmónico, externo, impulsivo...).
  • Interferencias con sistemas de comunicación por radio. De feito as asociacións de radioaficcionados téñense manifestado en contra desta tecnoloxía por considerar que os tendidos eléctricos e o transporte de información por estes acaba por convertelos en antenas xigantes que interfiren nas súas comunicacións.
Estado de desenvolvemento.

En España, diversas empresas (Endesa, Iberdrola e Unión Fenosa) están a realizar experiencias piloto con algúns clientes, inda que non comercializan o servizo como tal. Principalmente, estas probas lévanse  a cabo en Barcelona e Sevilla (Endesa) e Madrid (Iberdrola), acadando velocidades de 10 Mbps.

Recentemente, Endesa anunciou que como resultado destas probas integrará tecnoloxía PLC nun novo ensaio en Málaga. Neste xa se engadirán servizos de valor engadido, como a posibilidade de ter información do consumo en tempo real ou o control remoto de electrodomésticos.

Esquema de PLC

Máis información e fontes

No hay comentarios:

Publicar un comentario