19 dic 2010

A malla do 13 ao 19 de Decembro

Esta semana presentouse o estudo 'As Tecnoloxías da Información e as Comunicacións na Empresa Española 2010', realizado pola AMETIC (Asociación de Empresas de Electrónica, Tecnoloxías da Información e Telecomunicación de España). Este texto amosa un incremento do uso das solucións para empresa en mobilidade (maior uso de liñas móbiles, Internet sen fíos, terminais intelixentes. Dende o Osigma analizan os resultados en Galiza.

No ámbito lingüístico, non se fala doutra cousa máis que dos primeiros resultados do megacorpus de Google, que inclúe, segundo algúns, o 8% de todos os libros xamais publicados e permite facer búsquedas do periodo 1800-2000. Podes ler algunhas reaccións aquí e aquí.

Tamén recollemos un artigo do que se fai eco El Pais sobre como quedarse onde estás é estatisticamente a mellor solución para sobrevivir a unha explosión nuclear.

En Geodiendo atopamos como unha grúa móbil supera a carga de afundimento e colapsa irremediablemenete tras desaparecer, literalmente, o terreo baixo os seus apoios.

Cgr2.0 deleitanos cunha enorme prominencia solar comparada con Xúpiter, o planeta máis grande do sistema solar, e coa Terra.

E para rematar, dende Física en la Ciencia Ficción, aportará dez razóns polas que non vemos viaxeiros do tempo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario