21 dic 2010

LDK 74: Os sistemas nominativo-acusativo e ergativo-absolutivo

Se tomamos unha cláusula transitiva, onde hai dous participantes, (como, por exemplo, o verbo matar e os participantes Caín e Abel) temos necesariamente que marcar dalgún xeito cal dos participantes foi o que realizou a acción, é dicir cal foi o Axente (A) e cal é o que sufriu a acción, é dicir, cal é o Paciente (P). En cambio, se tomamos unha cláusula intransitiva, o unico participante (S) non poderá dar lugar a confusión, e non será necesario marcar nada.

En inglés, como noutras moitas linguas, a marcación ven dada pola orde das palabras. No caso do inglés, a primeira palabra é o Axente-Suxeito, e a segundo o Paciente-Obxecto:
Cain killed Abel

Porén, noutras linguas a marcación faise engadindo algun tipo de marca morfolóxica (terminación, preposición) a un dos participantes da cláusula transitiva.


Obviamente, isto dá dúas solucións:

Así, no primeiro caso, temos que o Axente ten a mesma marca que o único actante das intransitivas, sendo marcado o Paciente das transitivas, (S=A≠P), no que se chama un sistema nominativo-acusativo, como o que empregamos en galego. pero que imos exemplificar co Latín:
Petr-us venit (Petrus vén.)
Petr-us Paul-um videt (Petrus ve a Paulus.)

Como vedes, é o paciente o que é marcado de forma especial. No caso da nosa lingua, a marcación tería lugar coa preposición a.

A segunda solución é marcar o Paciente da transitiva como o actante das intransitivas, sendo marcado de forma desigual o Axente das transitivas (S=P≠A), no que se chama un sistema ergativo-absolutivo, como, por exemplo, o do vasco.
gizon-a etorri da (O home chegou.)
gizon-ak mutil-a ikusi du (O home veu o rapaz.)

Podedes ver un comic explicando a diferencia aquí.

Bibliografía:
GARCÍA MIGUEL, José María (2000) "Linguas do mundo e tipoloxía lingüística", en F. Ramallo, G. Rei-Doval e X.P. Rodríguez Yáñez (eds.) Manual de ciencias da linguaxe. Vigo: Xerais, pp. 173-220

No hay comentarios:

Publicar un comentario