23 dic 2010

LDK 75: Durabilidade

A durabilidade dunha estrutura de formigón é a súa capacidade para soportar, durante a vida útil para a que foi proxectada, as condicións físicas e químicas ás que está exposta, e que poderían chegar a provocar a súa degradación como consecuencia de efectos diferentes ás cargas e solicitacións estruturais.

A EHE 08 recomenda seguir unha serie de puntos como estratexia para satisfacer os requisitos de durabilidade, unha delas é a selección das formas estruturais adecuadas, por exemplo, evitar a existencia de posibles zonas nas que se poida estancar  auga. Outra sería a elección óptima dos compoñentes do formigón, por exemplo, empregar un cemento con protección fronte ás sales mariñas se estás preto do mar.

Outro que é tan importante coma as xa mencionadas é o recubrimento, é dicir, a capa de protección de formigón que hai colocada arredor das armaduras. Se a capa de formigón que recobre as armaduras é moi fina, a auga pode penetrar e atacar as barras de aceiro, estas corróense e aumentan de volume e o formigón escacha. Como o formigón escachou, xa non hai nada que protexa as armaduras contra a corrosión, e estas séguense oxidando, aumentando de tamaño e facendo escachar todo o formigón que as recobre. O problema disto, é que o aceiro deixa de traballar de forma solidaria co formigón, e por tanto, as estruturas non se comportan da maneira que foron calculadas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario