17 dic 2010

Orange inviste 4,5 millóns de euros no AVE Madrid-Valencia

A operadora de telecomunicacións Orange vén de anunciar un investimento de preto de 4,5 millóns de euros para dotar de cobertura 2G/3G o novo trazado do Tren de Alta Velocidade entre as cidades de Madrid e Valencia, que se estrena estes días.

Co fin de minimizar o impacto ambiental e reducir o consumo eléctrico, Orange compartirá infraestrutura con Movistar e Vodafone. Dos 438 Km, a operadora laranxa instalou ao longo dos 150 Km que lle corresponderon un total de 37 estacións base (antenas). Tamén levou a cabo 9 proxectos especiais para garantir a calidade das comunicacións nos 14 túneles do traxecto asignado, ofrecendo cobertura no 100% do percorrido.

500 millóns de euros en dous anos.

Esta inversión forma parte dos 500 millóns de euros que Orange está a empregar en todo o territorio español para mellorar a súa rede, sobre todo no que atinxe aos servizos de Internet móbil, de cara a acadar a converxencia fixo-móbil, baseada en servizos "todo IP".

E no Eixo Atlántico, que?

As operadoras están a dar moita importancia ás comunicacións nos trazados do Tren de Alta Velocidade. De feito, as liñas do AVE en funcionamento dispoñen de cobertura de datos grazas á sistemas de compartición de rede, como xa temos falado en Mallando na e-ira.

Polo de agora, o Eixo Atlántico, entre A Coruña e Vigo, non dispón dun servizo semellante. É máis, existen tramos de sombra total (sen cobertura), que non permiten servizos de voz (e moito menos, de datos).

Agardemos que a posta en marcha do trazado de alta velocidade galego e a apertura de licenzas para redes de nova xeración supoña un punto de inflexión nas comunicacións móbiles en Galiza.

No hay comentarios:

Publicar un comentario