12 dic 2010

A malla do 6 ao 12 de Decembro

Esta semana temos unha malla completa que vén dominada polo Chrome OS. Disfrutádea!

Google revolucionou a nube, até o punto de que xa ten un sistema operativo baseado nela: o Chrome OS, presentado esta semana. Permitirá un inicio case inmediato e precisará de Internet para todo. En Xataka falan del.

Ademais atopamos como interactuar co ordenador ao máis puro estilo Minority Report.

Como sería o mapa do mundo se a densidade de poboación fose uniforme? Iso é o que se preguntan en Fronteras e amosan o mapa do mundo de forma que os estados ocupan os territorios que lles corresponden ao igualar as clasificacións de poboación e superficie.

Unha das grandes dúbidas da gramática histórica é como discriminar os préstamos das palabras cunha evolución común. Neste abstract, amosado en LanguageLog, amósase que a porcentaxe de préstamos no vocabulario básico das linguas indoeuropeas pode ser maior do que (algúns) esperaban.

Finalmente, lembraredes na Malla da semana pasada facíamonos eco do gran descubrimento da NASA. Pois hai quen di que a axencia espacial puido terse columpiado e pode que o "gran descubrimento" sexa por unha mostra contaminada. NASA fail?

No hay comentarios:

Publicar un comentario