
Pese a ser ese o sifón tradicional, existen outras variantes, que tamén dependen do uso que se lle vaia dar ao sifón, xa que este pode estar nunha arqueta, nun inodoro, nun sumidoiro, ou ser un bote sifónico, é dicir, un sifón ao que acometen os diversos sanitarios do baño; cabe destacar que o inodoro sempre deberá ter sifón individual, e que se calquera aparello ten sifón individual, non é recomendable conectalo ao bote sifónico.
Outra aplicación é empregar unha arqueta sifónica como separador de graxas, de maneira que a tubaxe de desaugue tome auga limpa do fondo, mentres as graxas flotan na superficie da auga. Esta arqueta precisará unha limpeza periódica.
O sifón coñecido polos romanos, quen xa o empregaban para facer pasar auga a través dunha depresión do terreo sen ter que construír un acueduto.
Imaxe: archiexpo.es.
No hay comentarios:
Publicar un comentario