3 nov 2010

Tethering inverso, por Fer Real

Comentábase hai uns días neste blogue que é o tethering. Resumindo: usamos un dispositivo (teléfono) con acceso a Internet para darlle conexión a un PC. Mais, que pasa se queremos o contrario (tendo Internet no PC, darlle cobertura ao teléfono, convertendo o PC nun hotspot)? Pois que estaríamos a crear unha rede WiFi virtual, xa que o PC convértese nun novo router. Hei aquí a idea da inversión.


Caso 1: Teño Internet-USB, polo tanto eu teño Internet no meu PC, pero quero que un segundo PC da casa tamén o teña.

A solución consiste en crear un novo hotspot, de tal xeito que o ordenador sen conexión 'descubra' que existe outro sinal (en realidade o do USB) polo que se pode acceder a través da WiFi:

PC + USB -> PC sen Internet pero con tarxeta inarámica -> Router virtual.
Para crear o hotspot baixamos o programa Connectify [LIGAR http://connectify.me] (bucando en Internet pódense atopar outras versións sen restriccións) e, tras instalalo apareceranos na barra de tarefas de Windows unha icona, coa que procederemos a iniciar o servizo para configurar a nova rede virtual:
WIFIname: o nome da nova rede virtual que se creará.
PASS: a clave que o novo PC terá que usar para conectarse á rede virtual.
Internet: tipo de conexión orixinal: se temos Internet por USB ou WiFi ou o que corresponda.
Mode: o tipo de seguranza.
*No caso de que a conexión Internet orixinal teña clave (por exemplo, se é WiFi), pedirásenos tamén.
Feito isto, iníciase o hotspot e no outro PC veremos como se detecta unha nova rede WiFi que antes non existía, polo que xa nos poderemos conectar a ela tras introducir a clave que lle teñamos metido.


Caso 2: Router, PC con Wifi, PC con Wifi 2. O PC con Wifi 2 apenas ten sinal do router.

Tendo un router WiFi puidera parecer non ter sentido a idea, posto que "calquera ordenador con Wifi poderíase conectar". Sen embargo, se pensamos un pouco no asunto, darémonos conta que ao crear a rede virtual entre o router eo PC orixinal, este pasa a ser un novo router, polo que o segundo PC podería ter unha conexión a Internet cunha cantidade de perdas moito menor ca se se conectase directamente.


Caso 3: Teléfono con capacidade WiFi que non se me conecta a unha determinada rede inarámbica.

Repetimos os pasos do Caso 1, configuramos unha rede WiFi nova, e tratamos de conectarnos a ela.

E aquí a razón de chamalo tethering inverso; inverso no sentido de que non é preciso que o segundo dispositivo capte o sinal orixinal ou queremos repartir ou reforzar ante posíbeis perdas.

2 comentarios: