4 nov 2010

LDK 54: Wifi Direct

Hai uns días a WiFi Alliance, a organización reguladora das conexións inarámbicas, aprobou o estándar WiFi Direct, que permite a conexión de dispositivos WiFi sen necesidade de contar con elementos intermedios como routers, de xeito semellando ao Bluetooth.

WiFi Direct ten moitas vantaxes, as máis destacadas as seguintes:
  • Maior velocidade de conexión.
  • Maior seguridade.
  • Sen problemas de compatibilidade entre dispositivos.
Grazas a este novo estándar será moito máis sinxelo levar a cabo accións como sincronizar dispositivos, transmitir ficheiros, imprimir documentos ou xogar a videoxogos con dispositivos móbiles.

O que si, faise necesario que un dos dous dispositivos implicados na conexión conte con este estándar.


No hay comentarios:

Publicar un comentario