17 nov 2010

Nikola Tesla IV: Inventos de Tesla, II (por Isaac Manteiga)

A idea de transmisión eléctrica a través dun só condutor

A finais do século XIX, Tesla demostrou que usando unha rede eléctrica resoante e usando o que naquel tempo se coñecía como "corrente alterna de alta frecuencia" (hoxe considérase de baixa frecuencia) só se necesitaba un condutor para alimentar un sistema eléctrico, sen necesidade doutro metal nin un condutor de terra. Tesla chamou a este fenómeno a "transmisión de enerxía eléctrica a través dun único cable sen retorno". O propio Tesla ideou e deseñou os circuítos eléctricos resoantes formados por unha bobina e un condensador, claves da emisión e recepción de ondas radioeléctricas con selectividade e potencia grazas ó fenómeno da resonancia. O que de feito creaba e transmitía eran ondas electromagnéticas a partir de alternadores de alta frecuencia, só que non o aplicou á transmisión de sinais de radio como fixo Marconi senón a un intento de transmitir enerxía eléctrica a distancia sen usar cables. Tesla afirmou en 1901: "Fai uns dez anos, recoñecín o feito de que para transportar correntes eléctricas a longas distancias non era en absoluto necesario empregar un cable de retorno, senón que calquera cantidade de enerxía podería ser transmitida usando un único condutor”.
Na primavera de 1891, Tesla realizou demostracións con varias máquinas ante o “Instituto Americano de Enxeñeiros Eléctricos” na Universidade de Columbia. Demostrou deste xeito que todo tipo de aparellos podían ser alimentados a través dun único cable sen un condutor de retorno. Este sistema de transmisión mediante un só fío foi protexido en 1897 por unha patente.
Polo tanto, o concepto común de voltaxe (diferenza de potencial), podería cualificarse simplemente dicindo que voltaxe é calquera potencial e non necesariamente a diferenza.

Dispositivos de Enerxía libre



Segundo varios expertos en Tesla, as máquinas de enerxía libre encaixan mellor na descrición de Tesla como “aparellos para a utilización de enerxía radiante”, que podemos explicar do seguinte xeito: Colocamos unha placa de metal illado situada o máis alto posible. Outra placa de metal colócase no chan. Un cable enlaza a placa de arriba cun lado dun condensador e outro cable enlaza a placa do solo co outro lado do condensador.
O sol, como outras fontes de enerxía radiante, desprende partículas de materia cargada positivamente, de diferentes formas, luz, calor, radiacións, etc, as cales inciden sobre a placa superior, comunicándolle permanentemente unha carga eléctrica á mesma. O terminal oposto do condensador conéctase ao chan, que pode ser considerado como unha vasta reserva de electricidade negativa. Unha feble corrente corre continuamente cara ao condensador, e xa que as partículas están cargadas cun moi alto potencial, esta recarga do condensador prodúcese de forma indefinida, incluso ata o punto de ruptura do dieléctrico do condensador. Hoxe chamariamos a isto panel solar-eléctrico. Porén, o invento de Tesla é moi diferente, aínda que o máis parecido ao invento de Tesla que existe hoxe é a tecnoloxía fotovoltaica. Unha diferenza radical é que os paneis solares-eléctricos consisten nunha placa de silicio cristalino, mentres que o de Tesla emprega unha placa de silicio amorfo.
Os paneis de enerxía solar convencional son caros e calquera que sexa a recuberta que se empregue, a manufactura require complicados procesos. Porén, o panel solar de Tesla é simplemente unha placa metálica brillante cuberta por un material transparente de material illante.
Hoxe en día calquera de nós podemos fabricar un destes aparellos. Basta con suxeitar un deses paneis (a xeito de antena) nun lugar canto máis alto mellor e conectalo a un lado do condensador; o outro panel hai que conectalo unha boa base na terra firme. Unha vez que a enerxía do sol está cargando o condensador, se conectamos a través do condensador algún tipo de dispositivo interruptor, de xeito que poida ser descargado a intervalos rítmicos, teremos enerxía eléctrica.
Desta forma, a patente de Tesla dinos dunha forma moi sinxela como conseguir enerxía eléctrica. Canto máis grande sexa a área da placa illada, maior cantidade de enerxía se obterá.
Porén, isto é máis ca un panel solar, xa que non se require do sol para que funcione. Tamén produce enerxía eléctrica pola noite. O receptor de enerxía libre de Tesla refírese ao Sol, e tamén a outras fontes de enerxía radiante, como os raios cósmicos.
Sen embargo, parece que tales dispositivos foron deliberadamente suprimidos a través dos anos, para previr calquera competencia de máquinas que poden xerar enerxía sen unha fonte de combustible, xa que isto poría ás grandes empresas de petróleo e outras fontes de enerxía fóra do negocio.
A enerxía radiante pode realizar as mesmas funcións cá electricidade ordinaria, por menos do 1% do seu custo. Actualmente, a Comunidade de Methernitha, en Suíza, ten en activo varios modelos destes dispositivos, que explotan lixeiramente esta enerxía, funcionando como dispositivos auto-arrancables (non necesitan enerxía para o arranque inicial) e sen combustible.

Raios X

A historia dos raios X comeza cos experimentos do científico británico William Crookes, que investigou no século XIX os efectos de certos gases ao aplicarlles descargas de enerxía. Estes experimentos desenvolvíanse nun tubo baleiro cuns electrodos para xerar correntes de alta voltaxe. El chamouno tubo de Crookes. Este tubo, ao estar preto de placas fotográficas, xeraba nas mesmas algunhas imaxes borrosas. Pese ó descubrimento, Crookes non continuou investigando este efecto.
En 1887, Nikola Tesla, contábase entre os primeiros en investigar a natureza dos raios X empregando os deseños baseados no tubo de raios catódicos, de xeito que, entre as súas fabricacións cóntase tamén o que el chamou as “sombragrafías” que non eran outra cousa cás placas logradas con raios X, que mandou en 1895 a Roentgen, o descubridor destes raios, quen puido constatar a similitude das placas que lograra, coas que moito tempo antes Tesla usaba.

O campo da luz

En 1891 inventou una lámpada que usaba a mesma cantidade de corrente ca de Edison (de filamento incandescente). Estaba formada por un tubo ao baleiro (pero que contiña algúns ións en estado gasoso) de 15 cm. Acabada por un pequeno globo de vidro dotado dunha peza minúscula de material sólido, montada no extremo dun fío de conexión única coa fonte de alta frecuencia. A pastilla central do material propulsa electroestaticamente as moléculas do gas que a rodea cara ao globo de vidro, logo atráeas da mesma maneira, ao ritmo da fonte de alta frecuencia. Ao golpear a pastilla ao seu regreso, as moléculas quéntana ata a incandescencia, nun proceso que se repite millóns de veces por segundo.
A calor da pastilla incandescente transfírese ás moléculas da pequena cantidade de gas do tubo, e así prodúcese a luz. Esta lámpada é moi barata, e co mesmo gasto enerxético, é 20 veces máis brillante cá lámpada de Edison, que utilizamos na actualidade. O único problema é que se necesita unha fonte de corrente de alta frecuente, o que desgraciadamente non é compatible cos 50 Hz tradicionais.
O tubo de neon inspírase nos descubrimentos de Tesla, onde no curso dunha demostración, utilizou un tubo de baleiro, repleto de gas, e demostrou que era posible que certos gases se iluminaran en canto se lles achegaba a un campo electromagnético. Mostrou estes tubos dobrados de tal xeito que formaban os nomes dalgúns científicos convidados para o experimento. É evidente que se anticipara á invención dos tubos de neon.

No hay comentarios:

Publicar un comentario