Probablemente todos pronunciaremos esas tres th, en Arthur, Katherine e Thames co son [θ], o mesmo co que pronunciariamos a z de zapato en galego (sen seseo) ou castelán.
Porén, históricamente os tres termos pronunciábanse con [t], como podemos ver nos diminutivos 'Art' e 'Kate'.

Por que ocurriu isto? Pois ben, foi o froito dunha reforma ortográfica. Durante o inglés medio, a letra thorn, þ, que representaba o son [θ], era escrita polos escribas dunha forma cada vez máis parecida á letra Y, de tal modo que comezou a ser confundida. Así, comezou un cambio gradual polo cal o son representado pola thorn pasa a ser representado polo dígrafo th.
Este proceso, porén, tivo consecuencias nas palabras que xa se escribían anteriormente con th, aínda pronunciándose [t]. A consecuencia foi unha asimilación da pronunciación das palabras, amosando a até certo punto desapercibida influencia da escrita na pronuncia. Porén, aínda que a asimilación triunfou con Arthur e Katherine, no Reino Unido (non así nos Estados Unidos) o Thames segue sendo o [temz].

No hay comentarios:
Publicar un comentario