19 nov 2010

DNI-e: que é e como preparar o noso computador con Ubuntu para usalo

Dende hai uns anos, España está a emitir o documento de identidade electrónico, mais coñecido polas súas siglas DNI-e, converténdose no estado líder en número de persoas con identificación electrónica, tal e como comentaba Rafael Chávarri, de Red.es, na entrevista que mantivo con Mallando na e-ira durante SIMO Network 2010 .

Nesta entrada trataremos de analizar que é, que podemos facer con el e como preparar o noso computador con Ubuntu para poder usalo.

Que é o DNI-e

O DNI-e é un documento de identidade tradicional ao que se lle engade a identificación virtual, cada día máis necesaria debido ao gran auxe das Tecnoloxías da Información e da Comunicación.

Grazas ao DNI-e poderemos identificarnos unicovamente en Internet e asinar documentos coa mesma validez legal que a sinatura tradicional. Isto aforra custos e tempo, axilizando os trámites administrativos notoriamente.

O documento físico de identidade conta cun chip que contén a seguinte información:
  • Un certificado electrónico de autentificación da personalidade do cidadán.
  • Un certificado electrónico para asinar coa mesma validez xurídica que a rúbrica tradicional.
  • Claves para o seu uso.
  • A nosa pegada dactilar.
  • A nosa foto dixital.
  • A nosa firma manuscrita en formato dixital.
  • Datos da filiación do cidadán, correspondentes co contido personalizado da tarxeta.
Onde se pode usar

Cada vez son máis as actividades e xestións que podemos facer co DNI-e, mais basicamente as accións que podemos realizar con el son:
  • Banca en liña.
  • Compras asinadas por internet.
  • Trámites coa Administración (e-Administración).
  • Identificación no lugar de traballo.
Como preparar o noso ordenador con Ubuntu para usar o DNI-e

Nota inicial: polo de agora só se pode usar en Firefox (e en Internet Explorer en Windows).

O primeiro de todo é asegurarnos de que o lector que temos é compatíbel con Linux. A maioría sono. A partires de aí, faremos o seguinte:

1.- Abrimos a terminal e instalamos os paquetes dos repositorios de Ubuntu coa secuencia:

sudo aptitude install libccid libpcsclite1 pcscd libopensc2 pinentry-gtk2 opensc mozilla-opensc pcsc-tools

2.- Enchufamos o lector e probamos se o recoñece executando o seguinte:

pcsc_scan

Debera aparecer algo semellante a:

PC/SC device scanner
V 1.4.16 (c) 2001-2009, Ludovic Rousseau
Compiled with PC/SC lite version: 1.5.3
Scanning present readers
0: SCM SCR 3310 00 00

Sat Nov 13 17:31:32 2010
Reader 0: SCM SCR 3310 00 00
Card state: Card removed

Ao introducir a tarxeta, debérase iluminar o LED do lector e aparecer algún dato.

3.- Descargar o software do DNI-e da páxina oficial e descomprimir:

tar xvf nome-do-arquivo-descargado.tar

4.- Instalar o paquete:

sudo dpkg -i nome-do-arquivo-descargado-e-descomprimido.deb

5.- Instalar a libraría e certificados no navegador Firefox

Menú Aplicacións > Oficina > Rexistrar módulo DNIe PKCS#11

Acéptase a instalación da libraría e acéptase tamén a instalación dos tres certificados.

6.- Reiníciase Firefox e xa podemos usar o DNI-e.

Fontes consultadas:

No hay comentarios:

Publicar un comentario