20 nov 2010

LDK 61: Kiwis

Os kiwis, tamén coñecidos como Apterix (palabra que provén do grego e significa "sen ás"), son un xénero de aves composto por cinco especies endémicas de Nova Zelandia que teñen o tamaño aproximado dunha galiña. Ademais de non ter os ósos recheos de medula ósea e non ocos coma a maioría das aves, estas non teñen ás, e o seu corpo está recuberto por uns plumóns que lles dan esa aparencia típica, factores que lles impiden voar.


Antes da chegada do home arredor do ano 1300, os únicos mamíferos que habitaban Nova Zelandia eran os morcegos, e os nichos ecolóxicos que noutras partes do mundo ocupaban animais coma os cabalos, lobos ou ratos, foron ocupados polos paxaros que xa non precisaban voar.

Estas aves son criaturas nocturnas e a parte de non dar voado teñen máis características singulares, por exemplo, arredor do pico teñen uns bigotes que lles serven para desenvolver un gran sentido do olfacto, e ademais, son das poucas aves que teñen as fosas nasais na punta do pico e non preto da cabeza.

Fonte: Wikipedia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario