23 nov 2010

LDK 62: Escavación por "bataches"

Se queremos facer un baleirado de terras de certa profundidade, as paredes da escavación non poden ser verticais, xa que senón, o terreo derrubaríase. Estas paredes deberán formar -pola parte interior- coa horizontal un ángulo agudo de maneira que as terras aguanten o seu propio peso; este ángulo denomínase "ángulo de ribada natural".

Para evitar este problema, tradicionalmente empregáronse entibacións, é dicir, estruturas de madeira ou, xa modernamente, metal apuntaladas de maneira que eviten o derrubamento das paredes.

Máis recentemente comezouse a aplicar o que se coñece como "escavación por bataches", unha escavación en pequenos tramos de maneira alternada. Primeiro escavamos un batache, é dicir, un tramo curto na que se deixa ribada a ambos lados.

A continuación, deixamos un anaco sen escavar co ribada natural, e despois volvemos escavar de maneira que quede a escavación descontinua, e os anacos con ribada termen da terra. Nos bataches escavados, construímos tramos de muro de contención que suxeiten as terras, para rematar por escavar os tramos que faltan e facer o muro totalmente continuo. 

Este é un sistema de escavación moi seguro que evita a exposición de obreiros a un dos riscos máis habituais das obras, o soterramento por derrubamento de terras.

Imaxe 1: Saint Gobain.
Imaxe 2: Wiki Commons.

No hay comentarios:

Publicar un comentario