13 nov 2010

LDK 58: Audímetros

O mundo da televisión móvese baixo a batuta da guerra das audiencias, a loita das canles por ver quen é capaz de ter máis espectadores, o que lle pode reverter en maiores ingresos por publicidade.

Para medir as audiencias existen uns aparellos chamados audímetros, cuxa existencia tense posto en dúbida por algúns sectores. Podemos afirmar que existen e que o único que fan é almacenar datos do visionado da televisión. Quen ve a tele, que ve e cando o ve.

Onde están?

Os audímetros repárteos a única empresa adicada a medir as audiencias (no caso español Sofres) a un grupo estatisticamente representativo da sociedade. Non existe a posibilidade de apuntarse para facer o estudo e os 'elixidos', persoas anónimas, reciben puntos que poden canxear por agasallos.

Calcúlase que hai arredor de 4.000 fogares con estes aparellos, habitados por unhas 9.000 persoas. Os datos dos seus hábitos extrapólanse aos 45 millóns de españois.

Como funcionan?

Os audímetros contan cun mando cun botón asignado a cada membro da familia. Cada vez que un acende a tele, ten que dicir quen é. No caso de que haxa convidados, haberá que seleccionalo no mando.

Ao longo do día, o aparello memoriza todos os datos minuto a minuto, sabendo que ves, se fas zapping, etc. Ao final do día envía os datos ben por vía telefónica ou GSM.

Videodocumental de 10 minutos sobre os audímetros:




Fonte do vídeo: Repenicante

No hay comentarios:

Publicar un comentario