12 nov 2010

Escalas numéricas curta e longa

Por que en inglés a billion significa mil millóns (10⁹) e non un millón de millóns (1012)?

Isto é debido ás escalas numéricas. As escalas numéricas curta e longa fan referencia a dous sistemas de clasificación e nomeamento dos números.

Así, nas linguas con escala numérica longa, (do francés échelle longue), cada novo término é un millón de veces maior que o término anterior, como ocorre na nosa lingua, onde un billón son un millón de millóns, (1012). Pola outra banda, na escala numérica curta (do francés échelle courte), cada novo término numérico é mil veces maior que o término anterior. A este sistema pertencen os chamados billóns americanos, que equivalen a mil millóns (109) e non a un millón de millóns.

Nesta táboa pódense ver as diferentes equivalencias entre números en cada unha das escalas:

NúmeroEscala curtaEscala longa
100UnUn
101DezDez
102CenCen
103MilMil
106MillónMillón
109BillónMil millóns
1012TrillónBillón
1015CuatrillónMil billóns
1018QuintillónTrillón


Entre os países que usan o sistema longo están aqueles que teñen como linguas oficiais a maior parte das linguas orixinarias de países da Europa Continental, a excepción de Grecia, Rumania, Bulgaria, Ucrania, Estonia, Letonia, Lituania, Turquía e Rusia.

O sistema curto, pola súa banda, é empregado, ademais de por estes países, por todos os países de fala inglesa, e por outros como Irán, Indonesia, Israel ou Myanmar. No caso do portugués é interesante notar que mentres que en Brasil empregan a escala curta, no resto dos países da lusofonía empregan a escala longa.

Algúns países non empregan ningunha destas dúas escalas, senón sistemas de numeración propios, como o sistema de numeración coreano, o sistema de numeración xaponés, o sistema de numeración chino e o sistema de numeración indio.

Os usos dunha ou outra escala por parte dos diferentes países non foron uniformes ao longo da historia, conformando un panorama cambiante que debe ser tomado en conta ao interpretarmos documentos antigos: O primeiro uso da escala curta vén dos territorios que hoxe en dia conforman os Estados Unidos, co primeiro uso documentando sendo unha publicación de Harvard de 1729. Ao longo do século XIX, a escala curta avanzou en países como Italia e Francia, onde foi usada amplamente en diversas enciclopedias, e afortalou a súa posición como sistema dominante en Estados Unidos. Porén, no Reino Unido habería resistencias ao uso de esta escala até o ano 1974, cando foi feita oficial de facto mediante unha instrución do primeiro ministro da época, Harold Wilson. A esta decisión seguiría a da práctica totalidade de países anglófonos, que adoptaron o sistema curto ao longo do último cuarto do século pasado, conformando unha das meirandes influencias do inglés norteamericano no uso do inglés a nivel mundial. Porén, Francia e Italia deron marcha atrás no seu uso da escala curta, e adoptaron a escala longa oficialmente en 1961 e 1994, respectivamente.

Por último, cabe destacar que o Sistema Internacional desrecomenda o uso de calquera destes termos, ao resultar confusos e dependentes da lingua na que se expresan, recomendando designar as cifras mediante o uso da notación científica e evitar o uso dos termos ppb e ppt (partes por billón e partes por trillón), como explica esta instrución.

No hay comentarios:

Publicar un comentario