14 nov 2010

Exporta todas as túas Waves antes de que Google elimine o servizo

A nova anunciada hai uns meses por Google de que eliminaría o seu servizo Wave cara finais de ano deunos moita mágoa a usuarios coma nós, os redactores de Mallando na e-ira, que lle demos (e damos) bastante uso.

Tras o anuncio, Google comprometeuse a que permitiría aos usuarios exportar todo o seu contido e dende hai uns días xa se pode facer, en formato HTML ou nun arquivo zip que pode conter os arquivos axuntos na onda.

Así que xa sabedes, se non queredes perder nada do que teñades en Google Wave, exportádeo, non vaia a ser que desapareza da noite á mañá.

Fonte Alt1040

No hay comentarios:

Publicar un comentario